Riscando...


Este é un orixinal video creación de Carl McNeil, pertencente á sua obra: “Once in a blue moon”. Foi elexido merecedor do premio da prestixiosa revista “The Drake Magazine”.

Reflexa dun xeito espectacular un evento que se produce en Nova Zelanda cada dez anos, cadrando co florecemento dos bosques de "Beech". Orixínase unha cantidade inxente de sementes que propician a aparición de plagas de ratos que, a miudo, serven de suculenta comida a espectaculares troitas. Vaia, que o que queira ir a Nova Zelanda que se lembre de meter uns cantos riscos na caixa de moscas.